• Galego
  • Español

O CONCELLO DE BURELA ACENDERÁ A ILUMINACIÓN DO NADAL ESTE VENRES

O acendido da iluminación do Nadal en Burela será este venres, 3 de decembro. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou hoxe que “xa se está culminando a colocación das luces do Nadal e vaise facer o acendido o día 3 pola tarde, a unha hora que será consesuada cos representantes da Asociación, de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA). Nesta ocasión adiantámonos un pouquiño porque o ano pasado fora na ponte. Facémolo para motivar xa este Nadal”.

E precisamente para falar do Nadal o rexedor municipal de Burela vai manter unha reunión cos representantes da ACIA local este mércores, día 1 de decembro, ás 14 horas. “Vamos tratar temas conxuntos de interese para as dúas partes, como a organización de eventos que dean singularidade ao Nadal de Burela, para que sexa atractivo e interesante para os nosos veciños e para a xente que veña visitarnos”, explicou Alfredo Llano.