O Concello de Burela abre inscricións nas ligas de Ping Pong e UNO na Casa da Xuventude
- As actividades, de carácter lúdico, desenvolveranse de luns a xoves en horario de tarde e están dirixidas á mocidade de 12 a 18 anos aproximadamente
Burela, 14 de outubro de 2025. O Concello de Burela vén de abrir o prazo de inscrición para participar nas ligas de Ping Pong e UNO que se desenvolverán na Casa da Xuventude.
As actividades terán lugar de luns a xoves, de 17:00 a 20:00 horas, e están dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 18 anos aproximadamente. As inscricións poderán realizarse ata o 31 de outubro na propia Casa da Xuventude, por teléfono (982 581 141) ou por correo electrónico (casaxuventude@burela.org).
O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, explicou que con estas dúas ligas “damos continuidade ás actividades realizadas no verán, ofrecendo dúas propostas de carácter totalmente lúdico e moi populares entre a mocidade de Burela”.
Pillado destacou tamén que o obxectivo é “achegar á rapazada á Casa da Xuventude, para que gocen dun espazo pensado para eles e elas e o fagan cos xogos que máis lles gustan e practican, nun ambiente de diversión e amizade”.