• Galego
  • Español

O CONCELLO BURELÉS CONCEDEULLE UNHA SUBVENCIÓN NOMINATIVA DE 1.900 EUROS AO CLUB DE ATLESMO LOCAL PARA ESTE 2021

O Concello de Burela concedeulle unha subvención nominativa de 1.900 euros ao club de atletismo local para este 2021. O convenio entre ambas partes foi asinado nas últimas horas polo alcalde, Alfredo Llano, e polo presidente do Club Atletismo Burela, Pablo Mon. 

O edil de Deportes, Ramiro Fernández Rey, dixo que “deste xeito queremos apoiar, tal e como nos comprometemos no seu día, a este club de recente creación, que tan bo traballo está a realizar na nosa vila”.

O concelleiro burelés subliñou que “demostramos estar ao lado dos clubs, traballando con eles cóbado con cóbado e intentando satisfacer as súas necesidades tanto a nivel de instalacións como axudándolles economicamente a saír adiante. Esta é unha maneira de recoñecerlles o gran esforzo que fan no día a día e colocando a Burela como un referente deportivo, como así nos recoñecen as distintas federacións”.