• Galego
  • Español

O BORDELO PRESENTA MAÑÁ, VENRES, NA CASA DA CULTURA DE BURELA “O COVID DO MARIÑÁN”

O Bordelo presenta mañá, venres, na Casa da Cultura O covid do mariñán.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo que “este venres, 16 de decembro, ás nove da noite no auditorio da Casa da Cultura temos a actuación do grupo de teatro O Bordelo, de Cervo, que como sempre desde xa hai moito tempo presentan practicamente cada ano unha nova obra teatral e fana, por suposto, tamén en Burela”.

O edil burelés explicou que “neste caso titúlase O covid do mariñán e promete ser, como todas as obras dirixidas polo gran Paco Piñeiro, divertida e para facernos rir a todos, que boa falta nos fai nestes tempos como estes, tan controvertidos”.

Participan na representación 6 actrices e actores e a duración será de 90 minutos. A entrada é de balde.