O ALCALDE, ALFREDO LLANO, FELICITA AO BURELA FSF QUE ESTA PASADA FIN DE SEMANA SE PROCLAMABA CAMPIÓN DE EUROPA
O alcalde burelés felicita ao Burela FSF que esta pasada fin de semana se proclamaba Campión de Europa en Lugo, ata onde se desprazaron centos de afeccionados para animar ás guerreiras laranxas que seguen a recoller novos éxitos. O rexedor salienta que “é importantísimo para nós. Ven sendo habitual, é unha costume, pero aí está o fútbol sala feminino do noso concello, o Burela FSF. Eu tiven o pracer de estar o outro día na final onde o único que fixeron foi amosar a súa forma de traballar e a súa forma de xogar con elegancia, categoría e compromiso. Dan moi bo sabor de boca e debemos estar todos os veciños e as veciñas de Burela contentos con todos estes acontecementos deportivos, que son moi motivadores para todo aquel ao que lle guste o deporte. Parabéns para o Burela FS feminino, para o seu club e para toda a veciñanza de Burela porque penso que hai moita repercusión e moito detrás destas vitorias que non é, nin máis nin menos, que a boa afección que hai no noso concello e viuse plasmado o domingo no pavillón en Lugo que estaba abarrotado de xente de Burela. Así que parabéns para eles, é unha maneira moi bonita de saír nos medios grazas a estes acontecementos que lle dan moita importancia ao noso concello”.