O ALCALDE, ALFREDO LLANO, FELICITA A ASTILLEROS ARMÓN POLO TRABALLO QUE ESTÁ A DESENVOLVER ESTA EMPRESA EN BURELA, ONDE SE INSTALOU NO ANO 1992
O alcalde, Alfredo Llano, destaca o traballo realizado por Astilleros Armón, empresa instalada na localidade desde o ano 1992, tras a botadura dun novo megaiate de luxo. Trátase de o Nebula. O rexedor subliña o rigor e o compromiso desta firma á que felicita pola súa forma de traballar.
O alcalde declara que “Astilleros Armón está instalado no noso concello desde o ano 1992 e veu co obxectivo claro de facer naves cada vez mellores e moi diversas porque tanto fai pesqueiros como iates e megaiates. Todo o que se propón sácao para adiante porque hai moito rigor, moito traballo e moito compromiso moi ben organizado. É un exemplo claro de como hai que traballar”.
Llano dixo: “quérolles dar os parabéns a toda aquela xente que dunha forma ou doutra intervén na construción de naves, desde os dirixentes ata aos traballadores porque lle dan unha solvencia a Burela e tamén á construción naval. Penso que é moi importante que saque este tipo de naves, como a última que ten agora atracada no porto de Burela, que se chama Nebula. É un megaiate que ten todas as facultades para presumir da boa construción deste buque. Ademais xa leva incorporado cousas que a min me parecen moi importantes como o respecto ao medio ambiente, os motores xa van pensados para que contaminen o menos posible e tamén tratan dun xeito especial o lixo e a auga. Así que as novas tecnoloxías se impoñen e o criterio que se debe estimar importante para esta construción. Así que parabéns para Astilleros Armón por esta nova criatura que acaban de botar no porto de Burela”.