• Galego
  • Español

AS MONITORAS DO CENTRO GAIA ESTIVERON HOXE CO ALUMNADO DE INFANTIL DO CEIP VIRXE DO CARME CO OBXECTIVO DE ENSINARLLES A SEPARAR OS RESIDUOS DE XEITO CORRECTO

As monitoras do Centro Gaia, do Concello de Burela, estiveron hoxe co alumnado de infantil do Ceip Virxe do Came co obxectivo de ensinarlles a separar os residuos de xeito correcto. Fixérono a través dun xogo sinxelo e divertido denominado Pesca de envases.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, comentou que Pesca de envases simula un xogo de pesca no as nenas e os nenos teñen que pescar envases coa axuda dunhas cañas e depositalos no colector correspondente poñendo en marcha a súa habilidade, destreza e psicomotricidade dunha forma sinxela e á súa vez divertida. Con esta actividade o alumnado aprende a separar os residuos correctamente e depositalos no colector correspondente”.

As monitoras de Gaia volverán ao Virxe do Carme o vindeiro luns, 31 de xaneiro.