• Galego
  • Español

MAVI, a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero xa está na biblioteca!

MAVI, a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero estará a disposición de toda a veciñanza durante os meses de febreiro e marzo na Biblioteca Municipal, dentro das actividades enmarcadas para a conmemoración do 8M.

A maleta, que contén máis dunha ducia de libros para todas as idades, pretende promover a lectura de de textos escritos por mulleres, de forma que a sociedade teña referentes femininos no ámbito da cultura, asi como potenciar a lectura como ferramenta para a igualdade.

Este proxecto é unha iniciativa promovida pola Unidade de Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno.