'La Sirenita, Tributo Musical’ chega á Casa da Cultura de Burela o día 29 de decembro
- O espectáculo comezará ás 18:00, e as entradas para o mesmo xa se poden adquirir a un prezo de 15€ na web www.giglon.com ou en El Corte Inglés
- Ademais, a programación musical no Concello de Burela inclúe mañá o rock infantil en galego de Pakolas, e o domingo 17 o Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela
Burela, 15 de decembro de 2023. A Casa da Cultura de Burela acolle a representación de ‘La Sirenita, Tributo Musical’ a cargo de La Barbarie Teatro Musical e La Máscara Producciones.
A representación terá lugar a partir das 18:00. Poderanse adquirir as entradas, dispoñibles a partir de 15€, na web giglon.com ou en El Corte Inglés.
A ligazón completa para adquirir as entradas en liña para o evento é a seguinte: https://www.giglon.com/evento/la-sirenita-tributo-musical-burela
O evento repasará as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para desfrutar con toda a familia na época do Nadal.
Ademais, a programación musical no Concello de Burela inclúe tamén o día de mañá, sábado 16 de decembro, o concerto de rock infantil en galego de Pakolas ás 18:00 na praza da Mariña, e o Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela ás 20:00 o domingo 17 na Casa da Cultura.