Gala solidaria contra o cancro
O Concello de Burela colabora nesta audición solidaria de música de acordeón promovida por Acordeonistas da Mariña e a Asociación Esperanza
Terá lugar mañá, sábado 27 de xaneiro, ás 19:00 no Auditorio Municipal
As entradas terán un prezo de 5€, e poden ser adquiridas de xeito anticipado en Cinza
Os artistas convidados son Acordeóns Terras do Miño, Begoña López, Diavolinos, Lino Rico e mais Acordeonistas da Mariña
Durante a gala haberá un sorteo dunha cesta de pescado valorada en 250€ doada por ABSA