• Galego
  • Español

Finalizan os cursos “Yo Conecto” na Aula CeMIT de Burela

  • O Concello traballa xa en novas formacións tras o interese do alumnado por continuar aprendendo

Burela, 27 de marzo de 2026. Rematan na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional os catro cursos gratuítos de formación dixital “Yo Conecto”, organizados polo Concello de Burela a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración. A iniciativa, dirixida á veciñanza, permitiu ofrecer información práctica sobre o uso das tecnoloxías, cun enfoque accesible e adaptado a distintos niveis.

Ao longo das sesións abordáronse contidos relacionados coa iniciación ao mundo dixital, a banca dixital e as compras seguras en liña, o ocio dixital e a creación de contido coa intelixencia artificial.

Segundo sinala o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, “a participación foi moi positiva e amosa o interese da veciñanza por seguir formándose neste ámbito”. Ademais, engade que “xa estamos a preparar novas formacións, posto que o alumnado trasladou o seu interese por seguir aprendendo”.