• Galego
  • Español

AS FESTAS PATRONAIS DE BURELA TERÁN LUGAR DO 3 AO 6 DE XUÑO. A COMISIÓN ORGANIZADORA COMEZA HOXE A PEDIR DONATIVOS POLOS NEGOCIOS LOCAIS

Burela, 24 de marzo de 2022. As festas patronais de Burela desenvolveranse do 3 ao 6 de xuño. A comisión organizadora comeza hoxe a pedir donativos polos negocios locais, segundo anunciou a concelleira de Festexos, Toñi Eijo.

A edil burelesa explicou que “a comisión de festas vai saír á rúa a pedir donativos polo comercio e pola hostalería para as festas de Burela, que serán os días 3, 4, 5 e 6 de xuño. Intentamos ter a colaboración máxima porque este ano non está a situación como cando fixéramos as últimas festas. Entón esperamos ter axuda tanto de comercio como de hostalería, pero tamén temos unha conta aberta en Abanca para que calquera particular que queira dar un donativo, aínda que sexan 2 euros, poida facelo; vennos todo xenial”.

Toñi Eijo dixo que “xa temos contratadas as orquestras, pero para o resto do programa contaremos co que se vaia recadando para facer unhas cousas ou outras. Se recadamos o diñeiro necesario e temos a sorte de que se poida facer todo o que se facía nos últimos anos así o faremos. As orquestras que virán son: América, Saudade, Dimensión, Salvaxe, Ritmo Joven, El Combo Dominicano, Solara e Panorama”.

As Encaixeiras de Burela colaborarán coa comisión organizadora das festas patronais de 2022.