Festa da castaña en Burela, este sábado 7 de novembro de 2026
Burela, 6 de novembro de 2026. Burela celebrará o este sábado 7 de novembro de 2026 a Festa da Castaña, unha cita para gozar dos sabores propios do outono e compartir unha tarde de música e tradición na Praza da Mariña.
A festa comezará ás 17:00 horas con zonchos da man de Gaia e música a cargo da SCR Ledicia e a partir das 18:00 horas repartiranse os cucuruchos por 3 euros con auga ou viño.
A iniciativa está organizada por Os Asadores Burela, coa colaboración do Concello de Burela e da Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia. Dende o concello animan a veciñanza a achegarse a esta cita que combina música, gastronomía e tradición.