• Galego
  • Español

EN BURELA TIVO LUGAR UNHA CONCENTRACIÓN EN REPULSA POLO ASASINATO MACHISTA DE BEATRIZ LIJÓ, COMETIDO O PASADO DOMINGO EN BAIONA.

Burela, 7 de febreiro de 2023. En Burela tivo lugar esta mañá unha concentración en repulsa polo asasinato machista de Beatriz Lijó, cometido o pasado domingo en Baiona pola súa ex parella.

Empregad@s municipais, veciñanza, o alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Obras, Turismo e Festexos, Ramiro Fernández, José Díaz e Toñi Eijo, asistiron á convocatoria realizada polo Concello burelés.

O rexedor dixo que “quixemos deste xeito amosar a nosa repulsa polo primeiro asasinato machista cometido neste 2023 en Galicia. E a nosa solidariedade coa familia da vítima, Beatriz Lijó,que sufriu o ataque da súa ex parella diante dos fillos de ambos”.