• Galego
  • Español

Convocatoria mércores 10 de xullo: rolda de prensa sobre a certificación iso 22000 concedida ao servizo de suministro de augas

O Concello de Burela convida aos medios de comunicación a asistir á rolda de prensa sobre a certificación ISO 22000 obtida polo servizo de suministro de augas municipal.
Será mañá, mércores 10 de xullo, ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Burela.
Acto seguido farase un percorrido polas instalacións do servizo para amosar as melloras realizadas nas mesmas.
Participarán:

  • Juan José Somoza, director de servizos
  • Alejandro Castro, director de contratación
  • Rosa Blanca Rodríguez, copropietaria da empresa adxudicataria Espina&Delfín
  • Juan Luis Moreno, xefe de servizo de Burela
  • Paula Hernández, representante da empresa certificadora TUV
  • Carmela López, alcaldesa de Burela
  • Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Benestar Comunitario