• Galego
  • Español

CONCENTRACIÓN EN BURELA EN REPULSA POLO ASASINATO DE CRISTINA CABO, OCORRIDO EN LUGO O PASADO DOMINGO

A praza do Concello foi escenario dunha concentración na que se gardou un minuto de silencio na memoria de Cristina Cabo, a muller asasinada o pasado domingo en Lugo.

Veciñas, veciños, traballadores municipais, concelleiros e concelleiras amosaron deste xeito a súa repulsa por ese crime. O alcalde, Alfredo Llano, participou no acto xunto aos concelleiros de Turismo e Medio Ambiente, Ramiro Fernández e Toñi Eijo, e outros edís da Corporación Municipal.

O rexedor comentou que “esta tarde ao inicio do pleno que imos celebrar tamén gardaremos un minuto de silencio en recordo de Cristina Cabo e como condena polo acontecido”.