• Galego
  • Español

Comunicado da Alcaldía do Concello de Burela

Ante os roubos que se están coñecendo nos últimos días en distintos puntos da Mariña, entre eles algún caso en Burela, somos conscientes da preocupación que estes feitos están xerando entre a veciñanza, especialmente entre as persoas afectadas.

A Policía Xudicial está traballando para esclarecer o sucedido e identificar as persoas responsables.

Cómpre lembrar tamén que Burela conta con 15 cámaras de videovixilancia xestionadas pola Policía Local, unha ferramenta importante para reforzar a seguridade e que pode axudar a identificar as persoas responsables e esclarecer este tipo de feitos. Estes medios están á disposición das investigacións policiais, tanto da garda civil como da policía local de Burela.

É comprensible que a veciñanza queira coñecer o que está sucedendo, pero é importante actuar con prudencia á hora de trasladar información para non prexudicar o traballo policial.

A seguridade das nosas veciñas e veciños é unha prioridade. Seguiremos pendentes da situación e informaremos de todo aquilo que sexa posible sen comprometer as actuacións policiais.