• Galego
  • Español

Comeza en Burela o curso de preparación para o exame de nacionalidade

  • A formación desenvolverase ata o 19 de xuño no Centro de Formación Ocupacional e xa se está coordinando coas persoas inscritas o inicio do curso de idioma

Burela, 4 de xuño de 2026. Hoxe deu comezo en Burela o curso de preparación para o exame de nacionalidade, promovido por Ecos do Sur, que durará ata o 19 de xuño.

O curso está dirixido a persoas estranxeiras para preparar a proba CCSE do Instituto Cervantes, necesaria para a obtención da nacionalidade.

Ademais, dende a organización xa se está coordinando coas persoas inscritas o inicio do curso de ‘Español para persoas estranxeiras’, tamén promovido por Ecos do Sur.

O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, destacou a importancia deste tipo de iniciativas “para facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.