• Galego
  • Español

Comeza a conta atrás para a sexta edición da Carreira Popular `Burela Bonita´

Terá lugar este sábado 30 de xullo a partir das 19 horas, con saída e meta na Praza da Mariña, polo que se cortará o acceso ao tráfico nalgunhas rúas o tempo que duren as competicións

Haberá categorías para Pícaros, Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes, así como a Competición Absoluta de 5000 metros

As inscricións, que deben facerse online a través da web championchipnorte, poderán realizarse ata mañá, mércores 27 de xullo 


Burela, 26 de xullo de 2022.- A concellería de Deportes lembra que este sábado 30 de xullo terá lugar a sexta edición da Carreira Popular “Burela Bonita”, a partir das 19 horas con saída e meta na Praza da Mariña.

A competición realizarase sobre un circuíto urbano pechado á circulación de vehículos, tendo que percorrer 100 metros a categoría de Pícaros, 650 metros os Benxamíns, 1200 metros Alevíns, 1799 metros Infantís e Cadetes.

A competición absoluta será de 5000 metros, que os e as participantes deberán percorrer nun máximo de 50 minutos. O sistema de cronometraxe da proba será mediante chip, publicándose a clasificación oficial os días posteriores ao evento na páxina web runfozrun.com. ou championchipnorte.com ata mañá mércores 27 de xullo ás 23:59 horas.

Polo tanto, pechanrase ao tráfico de vehículos durante a carreira (de 19 a 21 horas aproximadamente) as rúas Castelao, Manuel Murguía, Curros Henríquez, Leandro Cucurny, rúa da Lamestra, Avda da Mariña, Estrada da Marosa e Travesía do Porto, podendo sufrir algún corte as rúas aledañas.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, subliñou que a carreira “volverá con moita participación, x atemos 200 inscritos, unha cuestión importante para o fomento do deporte en todas as idades, desde os máis pequeniños ata os adultos afeccionados neste caso ás carreiras populares”, que permitirá “desfrutar a todo o público e tamén aos participantes dun evento deportivo que conta xa a súa sexta edición”. Ademais, pediu “colaboración para respectar os cortes de tráfico e garantir a seguridade dos corredores”.
 
Todas as persoas participantes levarán de agasallo unha camiseta conmemorativa e avituallamento ao finalizar o evento.   Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados, masculino e feminino, de cada categoría, agás na de Pícaros que levarán medalla todos por ter participado.