• Galego
  • Español

BURELA CELEBROU O 25N CUNHA CONCENTRACIÓN ÁS PORTAS DO CONCELLO E COA LECTURA DUN MANIFESTO CONMEMORATIVO DESTA DATA

Burela, 25 de novembro de 2021. Burela celebrou o 25N cunha concentración ás portas do Concello. Alí a edil de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben, deu lectura ao manifesto conmemorativo desta data.

Ademais o salón de plenos acolleu a entrega de premios aos gañadores co XIV Concurso de Microrelatos contra a violencia de xénero. O de adultos foise para Ames. O gañador, Rafael Xesús Vilar González, recibirá como premio 300 euros. E a categoría de menores de 18 anos quedou en Burela. A vencedora, Laura Mosquera García, levou un premio de 150 euros, que recibiu de man do alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Muller e Igualdade, Noelia Mª Ben.