• Galego
  • Español

Burela celebra o Día da Bicicleta este domingo 30 na Praza da Mariña

Burela, 26 de agosto de 2026. O Concello de Burela celebra este domingo 30 de agosto o Día da Bicicleta con diversas actividades na praza da Mariña. Colaboran o Club Ciclista Burela, Cerezo Bikes e a Deputación de Lugo.

Por unha banda, haberá un circuíto na praza da Mariña, pensado para o público infantil. Tamén haberá dúas rutas, unha infantil e outra para persoas adultas. Será necesario inscribirse no correo electrónico actividadesdeportivas@burela.org ou na Casa da Xuventude ata o 28 de agosto, en horario de 9:00 a 14:00.

As rutas sairán cara á Marosa, onde nenos e nenas darán volta e os e as maiores seguirán pasando pola Vila do Medio ou O Cantiño ata volver á praza da Mariña.

Á chegada sortearanse 4 agasallos doados por Cerezo Bikes, así como e botellíns e camisetas do enduro. Ademais, haberá uns petiscos para repoñer forzas.

O concelleiro de Deportes, Carlos Méndez Pena, anima á veciñanza a "inscribirse nestas actividades e celebrar o Día da Bicicleta desfrutando á vez do ciclismo e da nosa vila".