• Galego
  • Español

Burela acolle unha formación gratuíta en competencias dixitais para persoas migrantes

  • A formación terá lugar o luns 23 e o mércores 25 de novembro na Casa do Concello

Burela, 20 de novembro de 2026. A Casa da Concello de Burela acollerá os días 23 e 25 de novembro a formación Competencias dixitais para a autonomía, dirixida a persoas migrantes. A actividade está organizada pola Fundación Conecta +, financiada pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Igualdade e conta coa colaboración do Concello de Burela.

A formación desenvolverase en dúas sesións, de 9:30 a 13:30 horas. O luns 23 de novembro estará centrada na busca de emprego en liña, e o mércores 25 de novembro, no uso de aplicacións para a vida diaria. O obxectivo é que as persoas participantes adquiran ferramentas dixitais que lles permitan desenvolverse con maior autonomía no seu día a día.

A participación é gratuíta, pero as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse a través dos teléfonos 982 586 000 e 982 580 609.