Burela acolle un faladoiro sobre o proceso de regularización extraordinaria
Un encontro informativo no marco do programa Nnabata que contará con persoal técnico especialista de Arraianas
Burela, 17 de abril de 2026. No marco do programa Nnabata, o vindeiro xoves, 23 de abril de 10.00 h a 12.00 h, terá lugar na Casa do Concello un faladoiro informativo sobre o proceso de regularización extraordinaria recentemente aprobado e lexislado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. A sesión contará coa participación de persoal técnico especialista de Arraianas, entidade coa que o Concello colabora neste programa.
O faladoiro require confirmación previa de asistencia a través dos números 698 18 32 14/ 982 58 06 09 co obxectivo de facilitar a planificación da actividade.
Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa, valórase a posibilidade de realizar unha segunda sesión no caso de que exista unha elevada demanda de participación. “Trátase de garantir que todas as persoas interesadas poidan acceder a esta información en condicións axeitadas”, indicou.