• Galego
  • Español

Burela acolle os días 8 e 9 as XXXI Xornadas Técnicas da Fundación Expomar para debatir dos retos do sector pesqueiro

  • Celebrarase tamén o XXV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras

Burela, 4 de maio de 2024. Burela acolle os próximos días 8 e 9 de maio as XXXI Xornadas Técnicas da Fundación Expomar para debatir dos retos do sector pesqueiro.

Este foro de debate pesqueiro cumpre a súa 31ª edición co obxectivo de falar dos temas de maior actualidade e os principais retos aos que se enfronta o sector, coa participación das distintas administracións e recoñecidos profesionais.

“A pesca é un sinal de identidade de Burela e estas xornadas son xa unha cita tradicional, un lugar de encontro para debatir sobre os retos e os desafíos do sector”, asegura Carmela López, alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Expomar.

O día 9 chegará a quenda do XXV Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras. “Unha reunión das entidades máis representativas do sector para analizar e atopar solucións ás preocupacións da profesión”, engade Ramiro Fernández, concelleiro do Mar de Burela.