Burela acolle o musical ‘Las Guerreras K-Pop' na Casa da Cultura o próximo 30 de marzo
- O espectáculo, inspirado nos grupos máis populares do K-Pop, combinará música, coreografías e unha historia de fantasía con elementos sobrenaturais en plena Semana Santa
Burela, 20 de xaneiro de 2026. A Casa da Cultura de Burela acollerá o vindeiro 30 de marzo, ás 17:00 horas, o musical “Las Guerreras K-Pop”, un tributo de Pares o Nones Producciones aos grupos máis coñecidos deste xénero musical.
O espectáculo presenta unha historia na que a fama agocha unha guerra sobrenatural polo destino do HofMund. As protagonistas, coñecidas como “Cazadoras”, empregan os seus talentos musicais como escudo místico, a través de coreografías e harmonías, para protexer ao público dunha invasión demoníaca.
Cada canción convértese nunha batalla escénica, nun enfrontamento de bandas onde a música é a principal arma.
As entradas teñen un prezo desde 24,20 euros e poden adquirirse na plataforma Ataquilla.com.