• Galego
  • Español

Burela acolle ‘Noches encendidas’, un espectáculo tributo a Michael Jackson e Queen á luz das velas

Burela, 18 de novembro de 2025. O Auditorio Municipal de Burela será o escenario do espectáculo “Noches encendidas: Una noche a la luz de las velas” o próximo 29 de novembro ás 20:00 horas. Un evento que renderá homenaxe a dúas das figuras máis icónicas da historia da música: Michael Jackson e Queen. O espectáculo, organizado por La Opción Producciones e Diverfest, contará con voces en directo e unha posta en escena iluminada por velas.

As entradas poden adquirirse na Librería Aris (antiga Atril), situada na Rúa Rosalía de Castro, 31, ademais da venda online a través de www.dentralia.com.

Queen e Michael Jackson deixaron unha pegada profunda na historia da música e seguen a influír ás novas xeracións. En Burela preséntase un espectáculo dedicado a estes dous referentes fundamentais da música internacional.