Burela acolle no mes de xullo o II Campus ‘Futbolinlugo Burela Bonita’ para nenos e nenas de 5 a 16 anos
Burela, 6 de abril de 2024. Burela acollerá este verán o II Campus Mixto ‘Futbolinlugo Burela Bonita’, que se celebrará do 15 ao 19 de julio na Marosa para nenos e nenas entre os 5 e os 16 anos.
“Unha iniciativa para impulsar o deporte mixto e favorecer a conciliación familiar e laboral na tempada estival”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.
“Moi contentos de poder renovar esta iniciativa da SD Burela e poder acercar máis experiencias formativas no ámbito do deporte aos nenos e nenas de Burela”, engadiu pola súa parte o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.
Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden chamar aos números 662 56 78 47 e 649 28 68 77, ou escribir ao mail campusfutbolinlugo@gmail.com