• Galego
  • Español

ALFREDO LLANO CUALIFICOU DE DÍA HISTÓRICO ESTE 23 DE DECEMBRO, DATA NA QUE ESTIVERON EN BURELA ANA PELETEIRO E ADRIÁN BEN

O alcalde, Alfredo Llano, cualificou de día histórico este 23 de decembro, data na que estiveron en Burela os atletas Ana Peleteiro e Adrián Ben, dous deportistas de elite que se achegaron á vila para participar nunha conferencia.

Llano declarou que “para o Concello de Burela é unha honra que estivesen aquí estes dous atletas dun nivel tan extraordinario, que viñesen falar das súas experiencias. En Burela temos moita consideración polo deporte base e estas actividades motivan aos nosos rapaces e rapazas polos valores que se transmiten”.

Ana Peleteiro e Adrián Ben participaron nunha charla sobre iniciación ao deporte e á nutrición xunto ao dietista Noel López Pinín, que causou moita expectación no auditorio da Casa da Cultura.

Ao remate do acto no Concello foilles ofrecida unha recepción oficial, á que Ana Peleteiro non puido asistir por motivos persoais, que a obrigaron a emprender viaxe rapidamente. Adrián Ben asinou no libro de honra do Concello e recibiu un agasallo de mans do alcalde, Alfredo Llano. Xunto ao rexedor estiveron os concelleiros de Deportes, Servizos Sociais e Medio Ambiente, Ramiro Fernández, Carmela López e Toñi Eijo.