A Praza de Abastos encheuse de música e diversidade na xuntanza do Recuncho Multicultural de Burela
- As persoas participantes achegaron temas tradicionais e música actual dos seus países para crear unha playlist colaborativa
Burela, 26 de novembro de 2025. A xuntanza do Recuncho Multicultural celebrada este sábado 22 de novembro na Praza de Abastos, con motivo da Festa da Música, reuniu a veciños, veciñas e representantes de diferentes colectivos nun encontro centrado no intercambio musical e cultural.
Ao longo da actividade, compartíronse pezas tradicionais propias de cada país de orixe, pero tamén temas actuais que forman parte dos hábitos de escoita e do lecer dos participantes para crear unha playlist colaborativa de músicas do mundo.
O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, subliñou que “a diversidade de propostas achegadas permitiu abrir unha panorámica ampla sobre a música que forma parte da vida das distintas comunidades presentes en Burela”.
Pillado tamén destacou que “a actividade desenvolveuse nun ambiente aberto e participativo, convertendo a música nun punto de encontro para descubrir novas sonoridades e reforzar a convivencia intercultural no municipio”.