A música enche a Igrexa de Burela e continúa o ciclo coa orquestra de metais o vindeiro xoves
- A actuación do Conservatorio Superior de Música da Coruña na Igrexa Parroquial abre unha programación que terá continuidade o 23 de abril no Auditorio da Casa da Cultura
Burela, 17 de abril de 2026. A Igrexa Parroquial de Santa María de Burela acolleu onte, xoves 16 de abril, un concerto a cargo da orquestra e coro do Conservatorio Superior de Música da Coruña, nunha actuación realizada en colaboración coa Escola Municipal de Música de Burela.
O primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado, sinalou que “foi unha actuación de gran nivel e a resposta do público foi moi positiva, o que demostra o interese que hai en Burela por este tipo de propostas culturais”.
Este concerto forma parte dunha proposta cultural que terá continuidade o vindeiro xoves 23 de abril coa actuación da Orquestra de Metais do Conservatorio Superior de Música da Coruña. O evento terá lugar no Auditorio Municipal ás 18:00 horas.
Mario Pillado animou á veciñanza a asistir tamén a este segundo concerto, que, segundo explicou “permitirá seguir gozando da música en directo de alto nivel en Burela”.