A Feira do Bonito de Burela protagoniza o Cupón da Once do 2 de agosto
- O cupón foi presentado onte no Barco Museo Boniteiro nun acto institucional con representantes da ONCE, o Concello e entidades locais
Burela, 31 de xullo de 2025. A Feira do Bonito de Burela será a imaxe do cupón da ONCE correspondente ao sorteo do sábado 2 de agosto. A presentación oficial tivo lugar este mercores no Barco Museo Boniteiro, situado na explanada portuaria da localidade.
No acto participaron o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, e a alcaldesa de Burela, Carmela López, acompañados polo director da ONCE en Lugo, Francisco Javier Farnés; o concelleiro de Turismo e Mar, Ramiro Fernández; e a presidenta de Ledicia, entidade organizadora da feira, Rocío Rivera. Tamén asistiron membros do equipo de goberno e da corporación municipal, así como representantes da Asociación de Mariñeiros Xubilados A Moncloa, ACIA, Fundación Expomar, ABSA e a Cofradía de Pescadores.
Durante a presentación, a alcaldesa Carmela López sinalou que este cupón “axuda a dar visibilidade á nosa feira e ao noso bonito, un símbolo da identidade de Burela e un motor económico e turístico de primeira orde”.