A Escola Municipal de Música de Burela organiza unha clase maxistral sobre son, gravación e produción musical
Burela, 18 de setembro de 2026. A Escola Municipal de Música de Burela acollerá o vindeiro martes 22 de setembro unha clase maxistral en produción musical, centrada no son, a gravación e a produción musical.
A actividade desenvolverase entre as 12:45 e as 14:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música de Burela e está dirixida ao alumnado da ESO.
Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa e responsable da Escola de Música, esta iniciativa permitirá achegar ao alumnado diferentes aspectos relacionados co son e coa produción musical, nunha actividade formativa vinculada ao ámbito da música e da gravación.
Desde a Escola Municipal de Música de Burela facilítase información sobre a actividade nos teléfonos 982 879 483 e 982 580 720, así como no enderezo electrónico escolademusica@burela.org.