• Galego
  • Español

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BURELA ACOLLERÁ UNHA AUDICIÓN DE FRAUTA E OUTRA DE VENTO

Burela, 17 de febreiro de 2022. O vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.

O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.

E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas.