• Galego
  • Español

A CRUZ VERMELLA RECADA FONDOS ECONÓMICOS DESTINADOS A FINANCIAR AS PRIMEIRAS NECESIDADES DUN GRUPO DE UCRAÍNOS QUE CHEGARON HAI UNS DÍAS A BURELA. A ENTIDADE CONTA COA COLABORACIÓN DO CONCELLO.

Burela, 18 de marzo de 2022. O Concello de Burela colabora coa Cruz Vermella para recadar fondos económicos destinados a financiar as primeiras necesidades dun grupo de ucraínos que chegaron hai uns días á localidade.

Desde o Concello explican que “foi a Cruz Vermella, coa nosa colaboración e a de varios voluntarios, a que decidiu abrir unha conta bancaria para financiar as primeiras necesidades deses doce cidadáns ucraínos, que se atopan en Burela desde hai uns días”.

E contan que “se trata dunha medida de urxencia e extraordinaria mentres se levan a cabo os trámites diante das diferentes administracións públicas, que xa teñen habilitadas partidas, programas e axudas para este fin. Os cartos que se recaden irán destinados a alimentación e produtos de aseo ou para abonar os primeiros días da súa estadía en Burela”.

As doazóns económicas poderán realizarse durante dúas semanas na seguinte conta de ABanca: ES77 2080 0101 5630 4001 0079

O Concello de Burela agradece “toda a colaboración cidadá para que estas persoas que fuxiron da guerra se atopen do mellor xeito posible entre nós”.