• Galego
  • Español

A Casa da Xuventude de Burela acolle un obradoiro de Ouril, un xogo tradicional popular en Cabo Verde

Burela, 15 de agosto de 2026. A Casa da Xuventude acolleu onte un obradoiro de Ouril, un xogo tradicional africano moi arraigado en Cabo Verde, dentro da programación das actividades de verán. A actividade foi impartida por Denise Coelho, da asociación Djunta Mo, que fixo unha introdución sobre a orixe do xogo e explicou a mecánica das súas diferentes variantes, entre elas A Seca e A Pilha.

O artista local Martín Lestao foi o encargado de facer dous bancos de Ouril, que permitiron aos participantes practicar e que quedarán na Casa da Xuventude á disposición de toda a veciñanza.

Segundo sinala Mario Pillado, tenente de alcaldesa, os participantes “desfrutan aprendendo o xogo e mesmo desenvolven o pensamento lóxico, o cálculo mental e a toma de decisión mediante a práctica”. Pillado destacou o interese da actividade e a boa acollida que está a ter, ao tempo que agradeceu a colaboración de Denise Coelho e Martín Lestao para “facer posible a introdución do Ouril na programación de verán da Casa da Xuventude”.