• Galego
  • Español

A Casa da Cultura de Burela acolle este venres a representación de 'A Lola', de Avelaíña Teatro

  • A obra, ambientada nos anos 60, reivindica as historias das mulleres que sobreviviron aos seus maridos asasinados polo franquismo

Burela, 27 de outubro de 2025. Avelaíña Teatro representará na Casa da Cultura de Burela este venres, día 31 de outubro, a súa obra 'A Lola', ambientada no franquismo de mediados dos anos 60.

O texto de Manuel Ayán reivindica as historias das mulleres que sobreviviron aos seus maridos asasinados polo terror franquista, e trata tamén os feitos da II República, a guerra civil e a posguerra.

A representación está recomendada para un público maior de 14 anos. Será ás 21:00 do venres na Casa da Cultura, con entrada de balde e libre ata completar aforo.

Na obra recréanse o ambiente, os ideais e a confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade, a dos valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas e a do proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade.

O elenco está formado por Manuel Ayán, Amparo Urtaza, Xulio Leal, Marisé Pérez, Pilar Pérez, Xosé Álvarez e Miguel Martín, responsable tamén da música e a iluminación. Juan Iglesias será o encargado do soporte informático.