• Galego
  • Español

A Alcaldesa e a Concelleira de Servizos Sociais de Burela visitan a Rosario Balseiro Valle polo seu 102 aniversario

Burela, 20 de maio de 2026. A alcaldesa de Burela, Carmela López, e a concelleira de Servicios Sociais, Alejandra Fernández, visitaron a Rosario Balseiro Valle polo seu 102 aniversario.

Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial.

Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.