A Alcaldesa de Burela, Carmela López, representou á vila na recepción oficial do Día da Festa Nacional no Palacio Real
- A rexedora destacou o orgullo de levar o nome de Burela a un acto de Estado e convidou ás Princesas a coñecer a localidade mariñá
Burela, 13 de outubro de 2025. A alcaldesa de Burela, Carmela López, asistiu este domingo en Madrid á recepción oficial do Día da Festa Nacional, celebrada no Palacio Real e presidida polos Reis de España. A rexedora representou institucionalmente á vila mariñá nun acto que reuniu autoridades e representantes de todo o Estado.
“Foi unha honra representar a Burela neste acto tan especial no Palacio Real. Vivino con moita ilusión e pensando sempre na nosa vila e na súa xente”, declarou López tras o acto.
Durante a recepción, a alcaldesa aproveitou para agradecerlles persoalmente ás súas Maxestades o convite e invitar ás Princesas a coñecer Burela. “Estou segura de que lles encantaría”, afirmou a alcaldesa.
López tamén quixo poñer en valor o trato cordial e próximo do equipo da Casa Real, que meses atrás visitara a localidade lucense. “As horas de traballo conxunto e de cercanía deixaron pegada, e notouse tamén nesta visita ao Palacio Real”, engadiu.
A rexedora subliñou a importancia de que concellos pequenos como é Burela estean presentes en actos institucionais desta relevancia. “É unha oportunidade para dar a coñecer o nome de Burela e o noso xeito de facer as cousas, con orgullo e co cariño da nosa xente”, concluíu López.