A Alcaldesa de Burela, Carmela López, convidada á recepción oficial do Día da Festa Nacional no Palacio Real
- A rexedora acudirá o domingo a Madrid para representar institucionalmente á vila mariñá no acto presidido polos Reis de España
Burela, 10 de outubro de 2025. A alcaldesa de Burela, Carmela López, asistirá este domingo, 12 de outubro, á recepción oficial con motivo do Día da Festa Nacional que as súas maxestades os Reis de España ofrecerán no Palacio Real de Madrid.
O convite foi remitido por S. M. o Rei e polo xefe da Casa Real, en representación institucional da vila de Burela. A rexedora será así unha das representantes municipais galegas presentes nun dos actos de Estado máis destacados do ano.
A alcaldesa explicou que “é unha honra poder representar a Burela nun acto de Estado desta relevancia. Recibo este convite con moita ilusión e tamén como un xesto de estima pola visita que fixeron a Burela, onde deixaron moi boa impresión”.
Engadiu ademais que “é tamén unha oportunidade para seguir levando o nome de Burela con orgullo e lembrar que, mesmo dende os concellos pequenos, tamén se constrúe país”, concluíu.