• Galego
  • Español

A Alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu "apoio total ao Festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela"

  • O festival de música, que se celebrará os días 6, 7 e 8 de setembro en Burela, vén de presentar o cartel definitivo da que será a súa décima edición

Burela, 3 de maio de 2024. A alcaldesa de Burela, Carmela López, amosa o seu "apoio total ao festival Osa do Mar, que leva 10 anos traendo a mellor música a Burela cada verán".

"Trátase dunha cita ineludible do verán burelao, na que artistas locais, da Mariña, de Galicia e de España se xuntan para facer bailar a miles de veciños, veciñas e visitantes na nosa vila", sinala López.

O festival de música vén de presentar o cartel definitivo da súa décima edición, que contará con artistas como Iván Ferreiro, Tanxugueiras, The Rapants, Grande Amore, Yawners, Travis Birds ou Las Petunias.

O evento sen ánimo de lucro, organizado cada ano pola Asociación Cultural Fanto Fantini, terá lugar os días 6, 7 o 8 de setembro en Burela.