Solapas principales

  Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
Todo el dia
«
Programación de outono da Casa da Cultura de Burela

Programación de outono da Casa da Cultura de Burela

De Viernes, 9 Octubre, 2026 - 21:00 hasta Miércoles, 30 Diciembre, 2026 - 21:00

PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2026

Burela enche o outono de cultura cunha ampla programación na súa Casa da Cultura

O Concello de Burela continúa coa axenda cultural de outono da Casa da Cultura, unha proposta que reúne diferentes disciplinas artísticas e ofrece alternativas para públicos de todas as idades.

A programación de outubro arrancou o pasado venres co espectáculo O meu pai naceu o mesmo ano que Mick Jagger, de Tarabela Creativa, e Os descontacontos, de Galitoon, ademais do obradoiro de monicreques de calcetín.

De aquí en diante, este ciclo de outono dará cabida ao teatro da man de compañías como Ibuprufeno Teatro, Trípode Teatro, Elefante Elegante, Neboa Events ou o grupo de teatro Ardora; ademáis do monólogo Moi Animal de Touriñán ou a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia.

A música será a protagonista nas actuacións da Coral Polifónica de Burela ou no tributo musical a Mecano, La Oreja de Van Gogh e Amaral; mentres que os espectáculos familiares completan un cartel que inclúe marionetas, teatro musical e teatro-circo. Entre estas propostas están Cuentos musicales de Olaf, Grela quere ser druída e Ciencia Malabar.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, pon en valor a diversidade da oferta, explicando que “esta axenda cultural permite que persoas de diferentes idades poidan gozar de propostas moi variadas, desde o teatro e a música ata o humor e os espectáculos familiares”. Ademais, destaca o papel da Casa da Cultura como “espazo de encontro para a actividade artística e cultural do municipio, con propostas que buscan achegar ao público diferentes formatos e experiencias ao longo do outono e do Nadal”.

De Viernes, 9 Octubre, 2026 - 21:00 hasta Miércoles, 30 Diciembre, 2026 - 21:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ciencia Malabar

Ciencia Malabar

Miércoles, 30 Diciembre, 2026 - 18:00

Un profesor de ciencias tan xenial como despistado chega a Burela para demostrar que a ciencia... tamén se pode lanzar ao aire! 
Entre malabares imposibles, trucos que parecen maxia, non hai público que quede quieto: ti tamén serás parte do espectáculo.
​Porque a ciencia nace do ensaio e o erro...  e cada fallo é un paso máis cara á sabedoría.

Casa da Cultura de Burela
> Mércores 30 de decembro de 2026 ás 18:00 horas
> Entrada libre
> Público familiar

Miércoles, 30 Diciembre, 2026 - 18:00