Solapas principales

  Lun Mar Mié Jue Vie Sáb Dom
Todo el dia
«
Activiades deportivas verán 2026

Activiades deportivas verán 2026

De Lunes, 6 Julio, 2026 - 10:00 hasta Viernes, 28 Agosto, 2026 - 14:00

DO LUNS 6 DE XULLO AO VENRES 28 DE AGOSTO

>> Inscricións do luns 29 de xuño ao xoves 2 de xullo na Casa da Xuventude
Prezo: 8,00€/mes/actividade

# XOGOS NA PRAIA > Luns 
# RUTAS DE SENDEIRISMO > Martes
# INICIACIÓN AO SURF > Martes
# RUTAS EN BICICLETA > Mércores
# HAPPY DANCE > Xoves
# INICIACIÓN AO BALONCESTO > Venres

+Info: Descargar ficha de inscrición

De Lunes, 6 Julio, 2026 - 10:00 hasta Viernes, 28 Agosto, 2026 - 14:00
»
 
«
Actividades Casa da Xuventude verán 2026
De Lunes, 13 Julio, 2026 - 09:00 hasta Jueves, 27 Agosto, 2026 - 20:00
»
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Concerto de Aba Taano

Concerto de Aba Taano

Miércoles, 12 Agosto, 2026 - 20:00

NOITE DE GOSPEL

Concerto solidario da ONG "MÚSICA PARA SALVAR VIDAS" de Uganda

Casa da Cultura de Burela
Venres 12 de agosto de 2026 ás 20:00 horas
Entrada: 12,00 Euros
Menxs <12 anos: 6,00 Euros


O Auditorio Municipal de Burela acollerá o vindeiro venres 21 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, o concerto solidario do grupo ugandés Aba Taano, unha das formacións de gospel africano con maior recoñecemento internacional. A actuación, organizada a beneficio da ONG Música para Salvar Vidas, combinará música, solidariedade e compromiso social nunha proposta cultural de gran nivel.

A través das súas voces, da súa enerxía e da música tradicional africana, Aba Taano ofrecerá un espectáculo cheo de ritmo, emoción e esperanza, no que o público poderá coñecer de primeira man un proxecto no que a música se converte nunha ferramenta de transformación social.

Os cinco integrantes da formación forman parte da ONG Música para Salvar Vidas, unha iniciativa que traballa para ofrecer educación, formación e oportunidades de futuro a nenos e mozos en situación de vulnerabilidade en Uganda. A recadación do concerto destinarase integramente a apoiar este proxecto solidario, que leva anos empregando a música como vehículo de inclusión e desenvolvemento.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, anima á veciñanza a asistir a esta cita e destaca que "será unha oportunidade única para desfrutar dun espectáculo musical de gran calidade e, ao mesmo tempo, colaborar cun proxecto que demostra como a cultura pode cambiar vidas. Agardamos que o público de Burela responda e encha o auditorio para vivir unha experiencia inesquecible".

As entradas teñen un prezo de 12 euros, sendo de 6 euros para menores de 12 anos. Poderán adquirirse de forma anticipada en Azor (rúa Arcadio Pardiñas, 86), nos mercados semanais dos martes en Foz e dos venres en Burela, en Calzados Edelmiro e tamén a través da plataforma Giglon.

Desde o Concello de Burela anímase á cidadanía a participar nesta proposta cultural e solidaria, que permitirá gozar da música de Aba Taano ao tempo que se contribúe a mellorar a vida de centos de nenos e mozos en Uganda.

Miércoles, 12 Agosto, 2026 - 20:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
XIII Festival Bal y Gay

XIII Festival Bal y Gay

Viernes, 14 Agosto, 2026 - 20:30

O Festival Bal y Gay regresa a Burela cun concerto do tenor Santiago Ballerini e a soprano Berna Perles

O Concello de Burela colabora un ano máis co Festival Bal y Gay para achegar ao municipio unha nova cita coa música clásica. O vindeiro venres 14 de agosto, ás 20:30 horas, o Auditorio da Casa da Cultura acollerá un concerto da man do tenor Santiago Ballerini, a soprano Berna Perles e o pianista Javier Carmena.

O programa estará dividido en dúas partes. A primeira reunirá unha selección de pezas de Mozart, Donizetti, Verdi e Puccini, coas obras Idomeneo, Le nozze di Figaro, Don Giovanni, L'elisir d'amore, La forza del destino e La bohème.

Na segunda parte interpretaranse pezas de Amadeo Vives, Pablo Sorozábal, Manuel Fernández Caballero, Javier Carmena e Federico Moreno Torroba, con fragmentos de Doña Francisquita, La del manojo de rosas, El dúo de la Africana, El orgullo de quererte e Luisa Fernanda.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, salientou a satisfacción do Concello por colaborar co Festival Bal y Gay, “un festival de enorme calidade que nos brinda a oportunidade de achegar a Burela a grandeza e a beleza da música clásica", afirmou. Gómez engadiu que "para nós é unha satisfacción formar parte, un ano máis, dunha cita cultural tan especial na Mariña".

A entradas, cun prezo de entre 17 e 21 euros, xa están dispoñibles na web oficial do festival festivalbalygay.com.

Viernes, 14 Agosto, 2026 - 20:30