|
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
|
|
|
|
|
A Lola
Viernes, 31 Octubre, 2025 - 21:00 A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.
O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da II República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).
A súa trama está determinada polo “pasado non ausente” polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe de estado franquista segue a determinar as vidas e as condutas das novas xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime de Franco e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte ao proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade.
Dirección e escenografía: Avelaíña Teatro
Interpretación: Amparo Urtaza, Manolo Ayán, Miguel A. Martín, Xulio Leal, Marisé Pérez, Pilar Pérez e Xosé Álvarez
Música e son: Miguel Martín. Iluminación: Miguel Martín. Soporte informático: Juan Iglesias
Viernes, 31 Octubre, 2025 - 21:00
|
Uxía - Será por flores
Sábado, 1 Noviembre, 2025 - 20:30 SERÁ POR FLORES
40 ANOS DE MÚSICA
Casa da Cultura de Burela
Sábado 1 de novembro de 2025 ás 20:30 horas
Venda de entradas na taquilla da Casa da Cultura de luns a venres de 10:00 a 13:00 horas e o mesmo día do concerto a partir das 19:30 horas
Sábado, 1 Noviembre, 2025 - 20:30
|
|