Semana Europea da Mobilidade Burela 2026
Comeza a Semana Europea da Mobilidade en Burela do 16 ao 22 de setembro de 2026!
Unha semana para saír á rúa, camiñar, xogar, pedalear e compartir espazos. E, sobre todo, para lembrar que a mobilidade tamén pode ser para todas as persoas
Esta edición chega con propostas ben diferentes e algunhas novidades que non vos podedes perder
#> Un paso de vaca moi especial, da man de Casa Grande de Xanceda, para achegar o rural ás nosas rúas
#> Unha campaña para concienciar sobre a limpeza dos ouriños dos cans: “Despois do pis… un chis”
#> E un reto para poñer as pernas a traballar: o Walking Challenge, no que poderedes rexistrar os vosos pasos ao longo da semana e optar a un agasallo sorpresa
#> Ademais, haberá bicicletas eléctricas, xogos na rúa, andainas, rutas, música, contacontos, obradoiros, chocolatada... e moitas máis actividades repartidas ao longo destes días
#> E se esta semana é posible, é tamén grazas a todas as asociacións, colectivos e persoas da vila que colaboran e participan na programación, en especial ás monitoras da GAIA, organizadoras da semana
