Solapas principales

Viernes, Abril 10 2026

Todo el dia
Ximnasia Activa

Ximnasia Activa

De Lunes, 22 Septiembre, 2025 - 09:45 hasta Jueves, 28 Mayo, 2026 - 11:45

ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Praza de Abastos de Burela

Luns e mércores
Grupo 1
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 2: de 10:45 a 11:45 horas
Grupo 3: de 11:45 a 12:45 horas

Martes e xoves
Grupo 4
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 5: de 10:45 a 11:45 horas

Inscricións na Casa do Concello do martes 9 ao venres 19 de setembro de 2025 de 09:00 a 14:00 horas

De Lunes, 22 Septiembre, 2025 - 09:45 hasta Jueves, 28 Mayo, 2026 - 11:45
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Testosterona

Testosterona

Viernes, 10 Abril, 2026 - 21:00

O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Unha é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?...

Como primeira aproximación poderiamos decir que TESTOSTERONA é unha comedia, mais aínda sendo posiblemente certo ese etiquetado de pouco nos ía servir, pois non faría referencia máis que ao envoltorio e a razón da elección deste texto non está na forma, sen desdeñala, senón nos contidos que conforman a peza.
TESTOSTERONA fala de desigualdade laboral; un home e unha muller optan a un posto de máxima responsabilidade nun medio de comunicación de ambito nacional. Como debe actuar ela para ser a elixida? Por que non é suficiente a súa capacitación, o seu talante, a súa formación e a súa intuición?
Todos esperan que actúe como o faría un home. Esperan que reproduza as regras de poder deseñadas polos homes.
TESTOSTERONA parece unha fábula contemporánea na que son posibles múltiples lecturas; pero na que unha sobresae: a idea de que a muller se conforma con alcanzar as cotas de poder que o sistema –creado por homes- estableceu. Iso apréciase nas reivindicacións que as mulleres fan (aínda hai poucas directoras, poucas executivas, poucas catedráticas) e así os mecanismos de corrupción instalados nas estruturas de poder perpetúanse.
TESTOSTERONA, proponnos unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por cuestión de sexo, pero faino de maneira que nos sorprenderemos cun sorriso debuxado nos nosos beizos, vendo as peripecias destes personaxes.

Casa da Cultura de Burela
Venres 10 de abril de 2026 ás 21:00 horas
Entrada: 5,00 euros
Público: +14 anos
Entradas á venda na taquilla unha hora antes da función

Viernes, 10 Abril, 2026 - 21:00