A Lola
Viernes, 31 Octubre, 2025 - 21:00
A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.
O relato xoga co presente (mediados dos anos sesenta) e o pasado (os anos da II República e os inmediatamente posteriores ao golpe militar de xullo de 1936).
A súa trama está determinada polo “pasado non ausente” polo feito de que o sucedido nos anos da represión posterior ao golpe de estado franquista segue a determinar as vidas e as condutas das novas xeracións, porque o silencio sobre aqueles feitos impide a superación do trauma.
David e Teresa, mozos abertos aos novos aires que comezan a infiltrarse na sociedade española, deciden casar e visitan a casa nativa para comunicarllo aos seus pais. Pero os traumas do pasado seguen presentes: a historia dos pais de Teresa, familia comprometida dende o primeiro momento co novo réxime de Franco e a dos pais de David, identificados cos ideais republicanos, frustran os desexos dos mozos.
Na obra recréase o ambiente, ideais e confrontacións entre dúas formas de entender a sociedade: os valores da tradición patriarcal e escolástica dos golpistas fronte ao proxecto constitucional-republicano de progreso e liberdade.
Dirección e escenografía: Avelaíña Teatro
Interpretación: Amparo Urtaza, Manolo Ayán, Miguel A. Martín, Xulio Leal, Marisé Pérez, Pilar Pérez e Xosé Álvarez
Música e son: Miguel Martín. Iluminación: Miguel Martín. Soporte informático: Juan Iglesias
Viernes, 31 Octubre, 2025 - 21:00