Solapas principales

Sábado, Octubre 11 2025

Todo el dia
Ximnasia Activa

Ximnasia Activa

De Lunes, 22 Septiembre, 2025 - 09:45 hasta Jueves, 28 Mayo, 2026 - 11:45

ENVELLECEMENTO ACTIVO PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Praza de Abastos de Burela

Luns e mércores
Grupo 1
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 2: de 10:45 a 11:45 horas
Grupo 3: de 11:45 a 12:45 horas

Martes e xoves
Grupo 4
: de 09:45 a 10:45 horas
Grupo 5: de 10:45 a 11:45 horas

Inscricións na Casa do Concello do martes 9 ao venres 19 de setembro de 2025 de 09:00 a 14:00 horas

De Lunes, 22 Septiembre, 2025 - 09:45 hasta Jueves, 28 Mayo, 2026 - 11:45
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Ecoralia, a lambona ecolóxica

Ecoralia, a lambona ecolóxica

Sábado, 11 Octubre, 2025 - 18:00

Casa da Cultura de Burela
Sábado 11 de outubro de 2025 ás 18:00 horas
Público: Infantil-Familiar

«Pakolas”, rockeiro e guitarreiro, é o nome co que Paco Cerdeira se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria.  Neste concerto, Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e a guitarra, nun espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción e participación coas nenas e nenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.

En “Ecoralia, a lambona ecolóxica” Pakolas preséntanos o seu último librodisco. Contaremos e cantaremos a historia de Ecoralia, que nos ensinará a través das súas cancións a importancia de consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente tanto na terra coma no mar, combater o cambio climático e garantir o benestar animal.

Así, a través das cancións e a narración, adentramos nas entrañas da carballeira máis extensa de toda Galicia, onde a vexetación é máis mesta e verde, vivía Ecoralia. Sempre vestía da cor do musgo e levaba unha trenza longa e roxa recollida cun estalote. Ecoralia era unha meiga moi nova e boa coñecedora de conxuros ancestrais aprendidos das súas avoas. Pero ela non era coma as demais.

Ademais de Ecoralia, moitas personaxes poderedes coñecer neste novo traballo musical, como o seu compañeiro Mistín, o lucecú, que vivía no medio das flores amarelas de xestas empregadas para os os seus conxuros. E, se Ecoralia era diferente ás demais meigas, Mistín era diferente aos demais lucecús, xa que tiña un semáforo no traseiro! Ramón o teixugo dispoñía do ultramarinos da vila. Sempre había alimentos coa etiqueta ECO de CRAEGA: froitas e legumes, leite, carne, ovos, mel e mesmo alimentos do mar. Os alimentos ecolóxicos sempre sentaban ben!. Tamén as tías Rosa e Mónica, dúas irmás xemelgas que coidaban das súas hortas coma ninguén. E por último Don Arsenio, que recollía unhas enormes mazás todo o ano! Como podía ser? Todas estas personaxes e historias poderás coñecer neste novo espectáculo rockeiro, e desvelar este misterio.

En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia.

Sábado, 11 Octubre, 2025 - 18:00