Solapas principales

Sábado, Agosto 9 2025

Todo el dia
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2025

Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2025

De Jueves, 10 Julio, 2025 - 10:30 hasta Domingo, 21 Septiembre, 2025 - 19:30

O Concello de Burela organiza un ano máis o programa Burela de Ruta, con varias actividades que inclúen visitas guiadas e XeoRutas ao longo dos meses de verán.

Haberá tres XeoRutas distintas: A Marosa, O Perdouro e O Cantiño. Entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.

A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.

As inscripcións gratuítas poden realizarse no seguinte enlace.

De Jueves, 10 Julio, 2025 - 10:30 hasta Domingo, 21 Septiembre, 2025 - 19:30
 
Actividades Verán 2025

Actividades Verán 2025

De Martes, 1 Julio, 2025 - 10:00 hasta Viernes, 29 Agosto, 2025 - 14:00

ACTIVIDADES PROGRAMADAS:

Do martes 1 de xullo ao venres 29 de agosto de 2025

XOGOS NA PRAIA: Luns de 10:15 a 14:00 horas na praia Urbana
RUTAS DE SENDEIRISMO: Martes pola mañá con saída dende a praza do Concello
INICIACIÓN AO SURF: Martes e mércores de 10:00 a 11:30 horas na praia Urbana
RUTAS EN BICICLETA: Mércores pola mañá con saída dende a praza do Concello
HAPPY DANCE: Xoves de 11:00 a 12:30 horas praza do Concello
INICIACIÓN AO BALONCESTO: Venres de 10:00 a 12:30 horas no pavillón dos Castros

- Poderán participar nas actividades todas as nenas e nenos que naceran entre os anos 2013 e 2018
- Prazo de inscrición: Do martes 24 ao xoves 26 de xuño de 2025
- As actividades comezarán o martes 1 de xullo de 2025

+Info: Descargar bases e ficha de inscrición
+Info: Descargar autorizacións

De Martes, 1 Julio, 2025 - 10:00 hasta Viernes, 29 Agosto, 2025 - 14:00
 
Burela de Ruta - Xeorutas - Verano 2025

Burela de Ruta - Xeorutas - Verano 2025

De Jueves, 10 Julio, 2025 - 10:30 hasta Domingo, 21 Septiembre, 2025 - 19:30

El Concello de Burela organiza un año más el programa Burela de Ruta con varias actividades que incluyen visitas guiadas y las XeoRutas a lo largo de los meses de verano.

Habrá tres XeoRutas distintas: A Marosa, O Perdouro y O Cantiño. Entre los meses de julio, agosto y septiembre se realizarán un total de veinte rutas guiadas por el patrimonio geológico.

La ruta de A Marosa y la de O Cantiño, de 7.8 y 6,4 kms respectivamente, son de dificultad baja, mientras que la de O Perdouro, que recorre el conjunto de pliegues mejor conservado de Galicia, es de dificultad media, con un recorrido de 3,2 kms.

Las inscripciones gratuitas se pueden realizar en el siguiente enlace desde 7 días antes de la fecha de la ruta.

De Jueves, 10 Julio, 2025 - 10:30 hasta Domingo, 21 Septiembre, 2025 - 19:30
 
Actividades da Casa da Xuventude verán 2025

Actividades da Casa da Xuventude verán 2025

De Miércoles, 16 Julio, 2025 - 08:00 hasta Viernes, 29 Agosto, 2025 - 14:00

TENIS DE MESA: Luns
UNO: Martes
BRILÉ: Mércores

Actividades gratuítas

Inscricións do 1 ao 11 de xullo na Casa do Concello en horario de 8:00 a 14:00 horas ou enviando as fichas cubertas a casaxuventude@burela.org

+Info: Descargar bases e ficha de inscrición
+Info: Descargar autorizacións

O Concello de Burela presenta a programación das actividades de verán 2025, dirixida a mozos e mozas nados entre os anos 2007 e 2013. Esta iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer para as familias durante os meses estivais, ao tempo que se fomenta a participación xuvenil no municipio e o achegamento da rapazada á Casa da Xuventude.

As actividades desenvolveranse do 16 de xullo ao 29 de agosto, con propostas fixas cada día da semana. Os luns están dedicados ao tenis de mesa; os martes xogaranse partidas de cartas de UNO e os mércores serán días de xogo activo co brilé, unha actividade física que combina estratexia e movemento.

Os xoves estarán reservados para as reunións do Grupo de Participación, mentres que os venres serán días libres para os participantes, aínda que a Casa da Xuventude poderá organizar actividades puntuais neses días.

A Casa da Xuventude permanecerá aberta a partir do 14 de xullo en horario de mañá, de 8:00 a 14:00 horas, tempo no que os mozos e mozas poderán acceder libremente ás instalacións para utilizar os seus recursos ou participar nas propostas dispoñibles de forma autónoma.

O responsable da Casa da Xuventude, Mario Pillado, destacou que “queremos ofrecer unha alternativa ás familias para este verán e ó mesmo tempo achegar a rapazada á Casa da Xuventude cunha serie de actividades lúdicas que cremos que son do seu agrado e interese para fomentar a participación de forma diversa e en igualdade”.

As inscricións para participar nas actividades estarán abertas do 1 ao 11 de xullo e poderán facerse de xeito presencial na Casa do Concello ou enviando a ficha de inscrición cuberta ao correo electrónico casaxuventude@burela.org. A adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición.

De Miércoles, 16 Julio, 2025 - 08:00 hasta Viernes, 29 Agosto, 2025 - 14:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23