Solapas principales

Lunes, Septiembre 16 2024

Todo el dia
Taller de ioga

Taller de ioga

De Lunes, 2 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 13:00

Taller de ioga gratuíto para pacientes e familiares da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo

O Concello de Burela colabora coa AECC Lugo na organización deste obradoiro, que terá lugar todos os luns de 12:00 a 13:00 horas na sala multiusos da Casa da Cultura de Burela.

As inscricións poderán ser realizadas no número de teléfono 658 872 196 e no correo electrónico lugo@contraelcancer.es
 

De Lunes, 2 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 13:00
 
Actividades deportivas 2024-2025

Actividades deportivas 2024-2025

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 16:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 21:00

Fútbol - SD BURELA - afdportoburela@gmail.com
Baloncesto - CD BURELA - clubbaloncestoburela@gmail.com
Fútbol-Sala - CD BURELA FS - escuelasdeportivas@burelafs.org
Ximnasia Rítmica - XIMNASIA PORTA XI - 690 038 300
Tenis - CLUB PÁDEL TENIS A MAROSA - clubdetenispadelamarosa@outlook.com
Taekwondo - CLUB JANSU VILLALBA - juancadp@gmail.com
Balonmán - CLUB BALONMAN VIVEIRO - viveirobalonman@gmail.com
Patinaxe Artístico - ASOCIACIÓN ESCOLAS DO DEPORTE - 686 105 917
Tenis - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Rutas en Bicicleta - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Patinaxe - ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS - actividadesdeportivas@burela.org
Xadrez - CLUB DE AJEDREZ REYES Y PEONES - juliodam10@hotmail.com

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 16:00 hasta Viernes, 30 Mayo, 2025 - 21:00
 
Envellecemento activo 2024-2025

Envellecemento activo 2024-2025

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 10:00 hasta Viernes, 23 Mayo, 2025 - 12:00

XIMNASIA ACTIVA PARA XOVES DE +60

Dirixida a persoas maiores activas con ximnasia, xogos e actividades

Grupo 1:  Luns e mércores de 09:30 a 10:30 horas
Grupo 2:  Luns e mércores de 10:30 a 11:30 horas
Grupo 3:  Luns e mércores de 11:30 a 12:30 horas
Grupo 4:  Martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas
Grupo 5:  Martes e xoves de 11:00 a 12:00 horas

De Viernes, 6 Septiembre, 2024 - 10:00 hasta Viernes, 23 Mayo, 2025 - 12:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Semana Europea da Mobilidade en Burela 2024

Semana Europea da Mobilidade en Burela 2024

De Lunes, 16 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Domingo, 22 Septiembre, 2024 - 20:00

O Concello de Burela celebra a Semana Europea da Mobilidade para promover a sostibilidade e a accesibilidade

  • A programación da semana comeza este luns, día 16 de setembro, e se prolongará ata o día 22 de setembro, domingo

O Concello de Burela celebra unha nova edición da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o luns 16 e o domingo 22 de setembro.

Será unha semana chea de actividades de moi diversa índole para promover a sostibilidade e a accesibilidade. Este ano, a campaña ten como tema o "Espacio Público Compartido”, que se suma ao ao lema da iniciativa, "Combina e móvete!".

A alcaldesa de Burela e delegada da área de Medio Ambiente, Carmela López, quixo poñer en valor “a participación de Burela nesta iniciativa europea para fomentar a mobilidade sostible, que é un obxectivo central do noso Goberno e que se materializa no novo Plan de Mobilidade que estamos a desenvolver”.

Pola súa banda, Lina Gómez Pardo, concelleira responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, destaca “a importancia de promover alternativas de transporte sustentable e de reducir o impacto ambiental das nosas actividades diarias”.

“A Semana Europea da Mobilidade é unha iniciativa moi necesaria, e o Concello de Burela participa nela ininterrompidamente dende 2007, realizando actividades toda a semana”, sinala a concelleira.

Unha das xornadas máis destacadas será a do Día sen Coches, no que o tráfico estará pechado ese día de 8:00 a 21:00 horas en varios tramos das rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán e Curros Enríquez.

“Animamos a toda a cidadanía a participar en actividades como as rutas a pé ou en bici, o rastrillo, a búsqueda do tesouro, o préstamo de bicis, ver os ensaios das diferentes asociacións e clubs”, engadiu.

Gómez Pardo quixo tamén convidar á veciñanza “a reflexionar sobre como as nosas eleccións de transporte impactan no medio ambiente e na calidade da nosa vida urbana, xa que a cooperación e o compromiso de cada un de nós son fundamentais”.

A concelleira subliñou "o compromiso do Concello de Burella tanto coa sostibilidade como con promover un estilo de vida saudable, eixos centrais da programación da Semana da Mobilidade ano tras ano”. “Queremos ter unha vila máis accesible e pensada para as persoas”, concluíu.

De Lunes, 16 Septiembre, 2024 - 12:00 hasta Domingo, 22 Septiembre, 2024 - 20:00