Solapas principales

Sábado, Agosto 31 2024

Todo el dia
Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024

Burela de Ruta - Xeorutas - Verán 2024

De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00

O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.

Haberá tres xeorutas distintas, A Marosa, O Perdouro e O Cantiño, e entre os meses de xullo, agosto e setembro organizaranse un total de vinte rutas guiadas.

A ruta da Marosa e a do Cantiño, de 7,8 e 6,4 quilómetros, son de dificultade baixa, mentres que a do Perdouro, que percorre o conxunto de dobramentos mellor conservado de Galicia, é de dificultade media, cun percorrido de 3,2 quilómetros.

De Sábado, 6 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 7 Septiembre, 2024 - 18:00
 
Exposición: Luces de Alén Mar

Exposición: Luces de Alén Mar

De Martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 hasta Martes, 10 Septiembre, 2024 - 20:00

O Concello de Burela acolle a exposición “Luces de Alén Mar” a partir do martes 20 de agosto na Casa da Cultura

  • A presentación da mostra, organizada polo Consello da Cultura Galega, será ás 20:00 horas do 20 de agosto de 2024

Burela, 14 de agosto de 2024. O Concello de Burela acollerá, na Casa da Cultura, a exposición “Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia”. Esta mostra do Consello da Cultura Galega será inaugurada o martes 20 de agosto ás 20:00.

O acto de presentación contará coa presenza de Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e da burelá Emilia García López, responsable de Acción Exterior da mesma institución.

Esta exposicíón encádrase dentro da conmemoración do centenario das coñecidas como "Escolas Vellas" de Burela, e estará na Sala de Exposicións da Casa da Cultura ata o 10 de Setembro.

"Cremos que é unha boa oportunidade contar con esta exposición dunha entidade do prestixio como é o Consello da Cultura Galega, e especialmente facelo da man da súa presidenta Rosario Álvarez e dunha veciña de Burela coma Emilia García”, sinala o concelleiro Mario Pillado.

O edil de Educación apunta que, “se ben é certo que Burela xa puido contar coa exposición en 2014, o centenario das Escolas Vellas ben merece que recunquemos, a memoria e a cultura nunca están de máis”.

"Así mesmo, cremos fundamental tomar conciencia do país vinculado á emigración que somos, posto que, contando co gran número de nacionalidades coas que contamos na nosa vila, sempre imos ter unha sensibilidade especial coa migración, sexa no sentido que sexa, porque a súa aportación é fundamental tanto para as sociedades de orixe coma de destino", engade Pillado.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que "a exposición destaca o papel que xogaron os emigrantes na preservación e promoción da cultura galega, contribuíndo ao desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia".

"Burela é unha vila migrante, e o legado daquelas xeracións da inmigración galega a América segue sendo moi influínte hoxe en día", indica a concelleira.

De Martes, 20 Agosto, 2024 - 11:00 hasta Martes, 10 Septiembre, 2024 - 20:00
 
 
Antes de 01
01
02
03
04
05
06
07
08
09
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
 
Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024

Burela de Ruta - Visitas Guiadas - Verán 2024

De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00

O Concello de Burela organiza un ano máis o programa “Burela de Ruta”, con numerosas actividades que inclúen visitas guiadas e xeorutas ó longo dos meses de verán.

Na propia vila tamén haberá a posibilidade de disfrutar de visitas guiadas ó Barco Museo “Reina del Carmen” de martes a domingo ou á “Ruta do Peixe”, que permitirá descubir na Lonxa ABSA a primeira subasta oral automatizada do mundo.

A Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns “A Moncloa” tamén ofrecerá visitas guiadas, así como Conservas Faro de Burela. A visita “Máis alá do mar” invita a descubrir a Burela rural e a Igrexa Vila do Medio.

 

De Lunes, 1 Julio, 2024 - 10:00 hasta Sábado, 31 Agosto, 2024 - 18:00
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
I Concurso de Pintura e Arte Urbana en Contedores "CONTÉN - ARTE"

I Concurso de Pintura e Arte Urbana en Contedores "CONTÉN - ARTE"

De Sábado, 31 Agosto, 2024 - 08:00 hasta Domingo, 1 Septiembre, 2024 - 00:00

O CONCELLO DE BURELA CONVOCA O I CONCURSO DE PINTURA E ARTE URBANA "CONTÉN-ARTE”

  • As persoas que o desexen poderán apuntarse no certame ata o día 9 de agosto ás 14:00

Burela, 1 de agosto de 2024. O Concello de Burela, a través da Concellería de Cultura, convoca o I Concurso de Pintura e Arte Urbana en Contedores "Contén-Arte", que se desenvolverá entre o 31 de agosto e o 1 de setembro de 2024.

O concurso está aberto a persoas ou grupos de persoas maiores de idade, que poderán presentar un só proxecto, orixinal e inédito. Serán seleccionadas ata un máximo de 10 persoas participantes, que deberán facer, con técnica libre. unha obra relacionada co mundo do mar.

As inscricións deberán incluír boceto da obra, título, datos persoais, fotos do DNI de cada participante, teléfono e correo electrónico da persoa responsable, lista de material necesario e número de conta bancaria.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de agosto ás 14:00 horas. Pódese consultar as bases completas na sede electrónica do Concello.

"Queremos que Burela sexa un referente no arte urbano, e por iso apostaremos por esta e outras accións que transformen espazos en obras artísticas", sinala a alcaldesa Carmela López.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que "a arte urbana nos contedores é unha forma innovadora de transformar elementos cotiáns en obras de arte, facendo que o espazo público sexa máis colorido e interesante".

"A intervención artística nos contedores promove a reciclaxe e a xestión de residuos dun xeito creativo, facendo que a cidadanía se sinta máis involucrada na conservación do medio ambiente", engade.

Gómez subliña que "estas intervencións artísticas contribúen á revitalización dos espazos urbanos, reforzando o sentido de identidade local e orgullo comunitario".

"Buscamos resaltar a importancia e o impacto positivo que ten a arte urbana na vida cultural e social do pobo, e esto será o inicio doutro tipo de accións", conclúe a concelleira.

+ Info: Descargar bases do concurso

De Sábado, 31 Agosto, 2024 - 08:00 hasta Domingo, 1 Septiembre, 2024 - 00:00
 
 
 
 
I Torneo Social de parchís por parellas

I Torneo Social de parchís por parellas

Sábado, 31 Agosto, 2024 - 10:00

O Concello de Burela amplía o prazo para anotarse no I Torneo Social de parchís por parellas. Últimas prazas dispoñibles!

O torneo celebrarase este sábado, día 31 de agosto, na praza do Concello a partir das 10:00 horas. As persoas interesadas poderanse inscribir na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.

As dúas parellas finalistas gañarán un trofeo doado pola asociación Saúde Mental A Mariña.

Sábado, 31 Agosto, 2024 - 10:00